top of page

Quen somos?

Bo día, o meu nome é Talía García Conde e xunto cos meus compañeiros ímos levar este blog no que se publicarán todo tipo de entradas sobre o que se vai a traballar o tema que eliximos. Este trata sobre as especies en perigo de extinción en Galicia.


Este foi elixido porque somos desta comunidade e cremos que é interesentate coñecer cales son as especies que se teñen que coidar para que non desaparezan por completo. Ademais, a min gústame moito coñecer cousas novas sobre diversos aspectos que inclúan o noso ambiente. Un lugar da nosa comunidade ao que me encanta ir son as Illas Cíes, onde podemos atopar moitas especies animais e vexetais e disfrutar do noso panorama galego.


Realizar traballos nos que se inclúan as novas tecnoloxías paréceme moi interesante xa que, hoxe en día, é unha ferramenta empregada por todos e todas e amósanos moitas facilidades. Anteriormente, xa realizara un blog no instituto e pareceume unha actividade moi entretida na que aprendes bastante. Ademais, tamén nos serve para o noso futuro como posibles docentes.


Como curiosidades sobre min, gústame moito viaxar e coñecer sitios novos, tanto dentro como fora do país. Estes últimos meses estiven en distintos puntos da miña comarca e visitei sitios preciosos que non sabía que existían. Por outra banda, gústame o deporte e practico patinaxe artístico nun clube de Soutomaior.





Entradas recientes

Ver todo

Webquest

Las Webquest son recursos didácticos guiados que se utilizan en el ámbito escolar para ayudar al alumnado a perfeccionar ciertos temas de...

Comments


bottom of page