Os recursos educativos en aberto son unha ferramenta que a todo docente lle pode servir para impartir as súas clases e acadar os obxectivos esperados no seu alumnado. Deste xeito, nós empregamos certos recursos educativos para tratar o tema, que como xa sabedes, está presente nas nosas aulas, “os animais galegos en perigo de extinción”.
Así, fomos atopando certos enlaces que nos levan a estes e que están feitos por compañeiros de profesión. Son moi válidos porque nos proporcionan ideas que outras persoas teñen sobre un tema en concreto. Ademais, tamén nos poden proporcionar información importante que axuda nas investigacións realizadas con posterioridade nas aulas.
Empregar recursos educativos é beneficioso para o crecemento do alumnado e, en consecuencia, do profesorado. Coñécense máis ideas e actividades creadas para empregar na nosa profesión e así temos unha visión máis amplia de como levar a cabo certos temas e materias que para os dicentes pode presentarse máis complexa.
Os recursos que nós empregamos están recollidos na nosa páxina de Symbaloo, polo que adxuntaremos o enlace para que podades velos e tomalos como exemplo se o necesitades.
Commenti