top of page

As novas tecnoloxías para nós


Os tres estamos de acordo en que a tecnoloxía foi facéndose oco pouco a pouco na nosa educación. Ao comezo desta, nas aulas había ordenadores cos que o profesorado traballaba ás veces, mais nós, o alumnado, non estabamos en contacto con estes aparellos. Pasando os anos fomos medrando e xa nos atopamos coa asignatira de informática, na que emprezamos a traballar coa tecnoloxía. Ademais, o profesorado xa empregaba as pantallas e proxectores para ensinarnos cousas referentes á materia.


Deste xeito, foi aumentando e aumentando o uso das tecnoloxías na aula ata atoparnos con clases nas que só se empregaba o ordenador. Por outra banda, coñecemos casos de centros escolares nos que existe un proxecto que incorpora ordenadores nas aulas de 5° e 6° e onde o alumando ten os libros de texto totalmente dixitais.


Así, poderíamos dicir que a tecnoloxía ocupou un papel importante, xa que a medida que foron pasando os anos viuse aumentado o uso destas ata ser un recurso primordial nas nosas aulas e ensinanza.


Dende o primeiro momento que falamos sobre as TIC´s debemos ter presentes a súas características. Se algo teñen destacable é a súa inmediatez, a posibilidade que ofrece para manter un contacto contínuo e directo co alumnado. Que o alumno poida conectarse á clase dende calquera parte é unha vantaxe que facilita o apredizaxe facendoo máis atractivo. Ademais, observamos que no momento actual, é dicir, coa pandemia, podemos facer uso desta vantaxe sen perder o ensino.


Outra característica salientable é o súa capacidade de cambio, é dicir, a medida que vai pasando o tempo, a realidade vai cambiando, avanzando, e a tecnoloxía faino con ela, adáptase aos cambios do contexto e, en consecuencia, da educación.


Cabe comentar tamén o gran campo de canles que ofrecen as novas tecnoloxías. Estas ofrecen a posibilidade de obter a mesma información a través da lectura, da música, dos vídeos, imaxes...ademais dos clásicos libros de texto.


Usar as tecnoloxías ofrece unha amplia lista de beneficios e vantaxes para o alumnado. Estamos a falar dunha ensinanza completa, lixeira, adaptada a todo o alumnado, compartida e rápida. O alumno pode levar a clase dende a súa casa utilizando as ferramentas que hasta agora eran so de uso lúdico.


Para nós, como docentes e como persoas, parécenos que o máis destacable das tecnoloxías é a cantidade de contidos, datos e información de todo tipo á que se pode acceder grazas a ela. Isto, ben utilizado, pode ser unha ferramenta marabillosa para aprender.


Internet ofrécenos en todo momento material de interese para nós de forma moi inmediata. Grazas a isto, por exemplo, eu podo organizar un exercicio interactivo e divertido na clase de xeografía no que se seleccione un país do mundo e haxa que adiviñar a súa capital. Isto é máis atractivo para o alumnado e axuda a que un exercicio puramente memorístico, convírtase nun xogo. Tamén podo informarme sobre un tema que non tiña controlado e sobre o que un alumno ou alumna está interesado e así tratar de canalizar este interese cara algo positivo, productivo, creativo… E como estes moitos exemplos máis.


Entradas recientes

Ver todo

Webquest

Las Webquest son recursos didácticos guiados que se utilizan en el ámbito escolar para ayudar al alumnado a perfeccionar ciertos temas de...

Comments


bottom of page