top of page

As novas tecnoloxías na educación de hoxe en día

Os nenos das novas xeracións nacen rodeados de tecnoloxía. Desde moi cativos están en contacto con ela. É un elemento moi común no seu día a día fóra da clase e que están habituados a empregar. Sendo así, non se pode pretender dar clase dunha forma “analóxica” ou non incorporando ás tecnoloxías.


Internet é un recurso e unha ferramenta que sirve de moita axuda para o docente. Se este emprega ben e aplica adecuadamente as tecnoloxías ás súas clases, pode sacarlle moito máis proveito a elas e lograr que os seus estudantes aprendan dunha forma máis amena, práctica e interactiva. Ao fin e ao cabo, o que se trata é de que o neno alcance as competencias que son necesarias e, se as tecnoloxías poden facilitar o logro desas competencias, por que non utilizalas? Sería absurdo que tendo unha ferramenta tan potente e útil para a ensinanza non a empregásemos.


Por tanto, si, os nenos aprenden mellor con tecnoloxías porque todo avance que se poida aplicar á ensinanza, vai mellorala, e, por pouca que sexa a melloría, estamos obrigados a tratar de dar sempre a mellor educación posible aos nosos alumnos e alumnas.


Na nosa opinión, o uso das novas tecnoloxías na aula faite mellor docente porque tes moitos máis medios e recursos coa axuda destas. Ademais, hoxe en día é moi importante coñecer como funcionan as novas tecnoloxías xa que son un medio primordial na vida de todas as persoas e unha fonte na que podes realizar un sin fin de actividades e atopar moita información na rede. En relación con isto último, o alumnado poderá empregar as novas tecnoloxías para adentrarse no mundo da investigación e, así, poderán aprender de forma autónoma coa axuda do seu profesor ou profesora.


Por outra banda, consideramos que todas as tecnoloxías teñen un oco na educación, simplemente temos que saber como engadilas.


Existen moitos tipos de necesidades na aula que poden ser suplidas co uso das ferramentas que nos ofrece a tecnoxía, pero un dos puntos clave para a inserción das TIC´s é atopar a ferramenta adecuada dependendo do fin, das actividades, dos obxectivos… Por esta razón é tan importante coñecer e explorar todas as opcións antes de presentarllas ao alumnado.


Algunhas das ferramentas que nós utilizaríamos serían, por exemplo, as pizarras dixitais e as mesas interactivas, xa que a pizarra nos da a opción de proxectar e controlar o que queiramos dende un ordenador e as mesas interactivas dan opción a que os discentes interactúen directamente coa superficie.


Outra ferramenta que consideramos útil é a nube. Comezar a familiarizar aos nenos coa nube e que aprendan a gardar e organizar os seus traballos, traballar de forma colaborativa, que poidan acceder en calquera momento ao que precisen, etc. é algo moi importante de cara o futuro.


Agora que xa sabemos como utilizar ás tecnoloxías chega o momento de poñelo en práctica. Debemos recurrir a que máis se adapte as nosas necesidades y presentarllas aos alumnos.


Hoxe en día a maiorías dos colexios teñen os medios necesarios para incluir as novas tecnoloxías nas súas aulas. Moitos colexios públicos traballan con ordenadores persoais para o alumnado e profesorado e o usan como ferramenta de apoio para o proceso de ensinanza, como o leva facendo tradicionalmente o libro de texto. Ademais, é tamén bastante habitual ver proxectores ou pizarras interactivas incorporadas nas aulas. Todo isto é posible grazas a que o Estado está apostando por introducir as novas tecnoloxías nas aulas.


Por tanto, si, os colexios (falando dos públicos por defecto) están na súa maioría preparados, en maior ou menor medida para a utilización das novas tecnoloxías, o profesorado debe conseguir velas e utilizalas como aliadas.



Entradas recientes

Ver todo

Webquest

Las Webquest son recursos didácticos guiados que se utilizan en el ámbito escolar para ayudar al alumnado a perfeccionar ciertos temas de...

コメント


bottom of page